Pensamento
Píntega Creativa
En Píntega Creativa gústanos a tecnoloxía. Os datos, os algoritmos. As ciencias, a física, a electrónica. As forzas, e os enlaces.
Tamén nos gusta escribir. As letras, a cultura, o arte, o patrimonio. O próximo, o tradicional.
Xa na antigüidade se dicía que a píntega era un anfibio que transmitía un “aire particular”.
Cremos na comunicación e na transmisión do coñecemento. Nas relacións.
Fundamentos físicos.
Forzas de Van der Waals
Píntega Creativa fundaméntase nas forzas físicas de Van der Waals, forzas aparentemente insignificantes pero que xogan un papel fundamental na unión entre partículas.
As forzas Van der Waals permiten a Píntega Creativa adherirse a paredes e teitos.
Con xeito Píntega Creativa
Píntega Creativa é viaxeira. Libre. Flexible.
Entre o mar e a montaña. Entre o verde e o azul.
Negra, con puntos amarelos. Puntos de luz.
O noso xeito de crear baséase nas relacións, na comunicación e na aplicación de tecnoloxía, sempre ao servizo das persoas.
Buscamos conectar
Ámbitos de traballo e tecnoloxías
En Píntega Creativa contamos cun grupo de profesionais con ampla experiencia en diversos ámbitos.
Encargámonos das actividades asociadas á posta en marcha e xestión de proxectos tecnolóxicos de experimentación e innovación, incluíndo tarefas de xestión, consultaría, servizo de asistencia técnica e formación.
Ofrecemos solucións intelixentes, empregando diferentes tecnoloxías, para a realización de proxectos vinculados á innovación e o emprendemento no sector primario e a posta en valor de produto local, procesos e patrimonio cultural e industrial.
Traballamos en rede.
Buscamos puntos de encontro
Acompañamos na xestión de proxectos, en calquera das súas fases de execución.
Cremos nos proxectos de traballo colaborativo como base para avanzar dun xeito coherente, sostible e inclusivo.
Apreciamos o valor da nosa contorna, e impulsamos iniciativas de posta en valor de procesos e produtos.
Facilitamos un servizo de relación entre o sector produtivo e outros axentes e entidades (administración, centros educativos e tecnolóxicos, asociacións, fundacións,..), promovendo a creación de sinerxías nos ámbitos empresarial, educativo e social.
Conecta os puntos. Xestiona proxectos con Xeito Píntega Creativa
Liñas de actuación e proxectos
Traballamos en diferentes proxectos de investigación, coñecemento e divulgación de procesos de produción e obtención de produtos ligados ao sector agropecuario, pesqu eiro e forestal.
Poñemos en valor o patrimonio cultural e industrial, vinculado coa tradición
de cada comarca.
Para dar valor a algo debemos coñecelo.
Aproveitar os recursos.
Transmitir coñecemento sobre os procesos de produción.
Poñemos en valor o produto.
Píntega Creativa está traballando en diversas liñas e actuacións:
- Solucións intelixentes e dixitalización aplicada ao sector primario, agricultura rexenerativa e economía circular, vinculados ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.
- Actividades divulgativas sobre iluminación intelixente e contaminación lumínica e acústica.
- Investigación e divulgación de patrimonio cultural e industrial.
- Xestión de programas educativos e formación empregando metodoloxías activas.
- Solucións de espazos e integración de equipamento e tecnoloxías.
- Integración de novas tecnoloxías en programas de atención a persoas con diversidade funcional.
Facilitamos o acceso a novas tecnoloxías e solucións intelixentes no sector primario.
- Realizamos informes e proxectos técnicos
- Promovemos o contacto entre profesionais.
- Damos visibilidade a iniciativas empresariais que poñan en valor o produto autóctono.
- Favorecemos a participación de entidades en proxectos comúns.
- Colaboramos en proxectos que contribúen a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas.
- Asesoramos na posta en marcha de iniciativas pioneiras en explotación e fincas piloto. Economía circular e aproveitamento de recursos. Eficiencia enerxética.
- Organizamos accións formativas e visitas vinculadas a esta liña de actuación
Ruar é andar polas rúas, paseando, enredando.
Tamén saír de troula. Ruadas.
En Píntega Creativa queremos que rúes.
Investiga. Coñece. Pon en valor.
Experimenta. Comparte. Divulga.
Rúa, actúa.
Ruar é un programa de comunicación e divulgación que favorece o coñecemento e posta en valor do produto autóctono e do patrimonio histórico, cultural e industrial, promovendo o emprego de novas tecnoloxías (medios audiovisuais, realidade virtual e aumentada, impresión 3D,..)
En física unha órbita é a traxectoria que describe un obxecto físico ao redor de outro mentres está baixo a influencia de unha forza central.
Co programa Ruar mantemos equipos en órbita. Xirando. Actuando. Aprendendo.
- Facemos posible a integración de novas tecnoloxías.
- Propoñemos solucións de adecuacións de espazos e equipamento para traballo cooperativo
- Contamos con referentes profesionais de sectores diversos.
- Coordinamos equipos.
- Buscamos variedade, intercambio, transferencia de coñecemento.
- Manexamos metodoloxías activas de formación.
- Informes e proxectos técnicos
- Proxectos de iluminación intelixente e eficiencia luminosa.
- Solucións de mellora de acústica de espazos
- Actuacións de formación e divulgación sobre contaminación acústica e lumínica.
- Solucións de control para arquitectura bioclimática.
- Integración de novas tecnoloxías en programas de atención a persoas con diversidade funcional
- Programas de estimulación sensorial e cognitiva